«Hoxe falamos de industrias transformadoras e de formación profesional dun sector vital para Portugal e non tanto para Galiza, como é o da extracción da cortiza (a pel da sobreira) e a súa posterior transformación que dá nos diferentes usos que xa coñecemos. Por exemplo, o dos tapóns (rolhas) das botellas/garrafas do viño. Recibimos con moito pracer a Francisco e Xacobe Ribeiro, fillo e neto da saga Almeida (Corchos Almeida), instalados hai máis de 55 anos na comarca galega do Ribeiro. Falamos con eles das súa incrible historia de «resistencia» e de progreso, desde que o avó atravesou a fornteira, vindo de Santa Maria da Feira, e trouxo a 8 fillos nunha moto, até ser hoxe unha empresa referencia no ámbito galego e no noroeste do Estado.«